miércoles, 14 de octubre de 2020

UNHA POSTURA DO LAPIS CORRECTA

Durante estas primeiras semanas do curso observamos que son moitos os alumn@s que teñen unha postura incorrecta do lapis o que repercute en moitas dificultades a nivel escrito e postural.

 Por outra banda son moitos os beneficios dun bo agarre:

 - Maior control dos trazos. 

 -Postura relaxada,   cansanse menos e teñen menos tensión

- Preven durezas nas mans e nos dedos. 

 -Control sobre a presión do lápis no papel.

 
 
Pensamos que aínda estamos a tempo de correxir as malas posturas, pero precisamos a vosa colaboración axudándolle a rectificar a  postura cada vez que collen unha cor ou un lapis na casa  e empregando  un adaptador como o da foto de ser necesario.  Grazas pola vosa implicación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario