sábado, 29 de octubre de 2011

Móbiles. Repasando o noso esqueleto e desfrutando do Samaín.

Despois de repasar o corpo humano e coñecer os nosos sentidos, adentrámonos un pouco máis no seu interior, coñecendo o noso esqueleto e os ósos que o compoñen mediante a elaboración deste móbil e o nomeamento dos ósos que o compoñen.

Para ver tódalas fotografías en Picasa, preme enriba da imaxe anterior ou aquí.
Para poder visualizalas na galería do CEIP Xosé Fernández López, diríxete aquí.

Habilidades sociais

Aquí vos deixamos algunhas fotos das charlas de habilidades sociais de 1º ciclo levadas a cabo en 3 días diferentes:
Para velas no álbum de xeito individual preme aquí
Para visualizalas na galería do noso cole, preme aquí.

viernes, 28 de octubre de 2011

Restas (Repaso)

Co obxectivo de seguir repasando as sumas e as restas nun medio diferente e algo máis ameno que o caderniño sen precisar lapis nin goma e comprobando o resultado ao momento, elabóranse as dúas seguintes aplicacións en flash para practicar as sumas e restas sinxelas na aula.

Sumar (Repaso)

Estas dúas aplicacións flash figuran en castelán por ser o idioma no que se imparte a materia.

Son bastante sinxelas pero para aplicacións máis profesionais mellor dirixirse a deseñadores que teñen aplicacións interesantes pero xa mixturan sumas, restar e multiplicacións ademais de estar en inglés.
Aporto link como curiosidade:
http://latrola.net/blok/juegos/multiplicar.swf

Por se acaso fallasen as aplicacións dentro do blog, podedes visualizar o flash da suma e o flash da resta nos seguintes links:
Sumar
Restar

Hai máis aplicacións onde podedes repasar as sumas:
1. Conta e suma
2. Sumas sinxelas
3. Suma e resta con Vedoque


Secuencia numérica con animais

Ás veces os números son demasiado aburridos e custa aprendelos na orde correcta. Por iso, aproveitando o tema dos animais e a secuenciación numérica, presentamos esta actividade que irá incrementando a dificultade conforme se vaia avanzando.
DESFRÚTAA


Se prefires repasar a secuencia dos números en papel, velaquí deixo máis debuxos para que pratiques na casa:

Traballa a secuencia numérica

Interesante aplicación -bastante simple- pero que permite repasar a secuencia numérica.
Hai que ir pulsando os números na orde que corresponde para rematar o xogo.

Sumas e restas. Páxinas de interese para repasar

Práctica o conteo:
Pulsa aquí

Páxina da "Junta de Castilla y León"
Adiviña o número que falta na suma. Preme aquí.

Sumas cunha cifra: 
Preme aquí

Sumas e restas (inglés) pero fácil de entender:
Preme aquí

Vedoque:
Xoga ao escondite practicando a suma e a resta. Serás capaz de atopar ao noso amigo. Preme aquí

Atrapa ao animal correcto adiviñando o resultado da operación.
Preme aquí

Trabalinguas

Este post pretende incluír uns poucos trabalinguas para traballar principalmente as sílabas trabadas e traballar a memoria dos nenos.
Os trabalinguas propostos son:
Pancha
Si Pancha plancha con cuatro planchas.
¿Con cuántas planchas plancha Pancha?

Pablito
Pablito clavó un clavito en la calva de un calvito.
¿Cuántos clavitos clavó Pablito en la calva de un calvito?
En la calva de un calvito, Pablito clavó un clavito.

Los tigres
Un triste tigre comía trigo en un trigal.
Dos tristes tigres comían trigo en un trigal.
Tres tristes tigres comían trigo en un trigal.
...

Más trabalenguas
Descárgate un listado de trabalinguas sinxelos aquí

Canción Los Esqueletos (Samaín)

Serve para traballar a lectura, a rima, adentrarse no Samaín e visualizar as horas en punto, contidos que se deron nas pasadas semanas.

lunes, 24 de octubre de 2011

lunes, 17 de octubre de 2011

Repasa as sílabas GA, GUE, GUI, GO, GU

Coa seguinte actividade repasamos o emprego do G ou GU coas vogais A, E, I, O, U.
Agardamos que che guste.


Repasa CA QUE QUI CO CU

Nesta actividade LIM, aproveitamos para repasar as sílabas CA QUE QUI CO CU.
Practica co seguinte xogo:

Repasa ZA, CE, CI, ZO, ZU

Repasamos as sílabas ZA CE CI ZO ZU coa seguinte aplicación:


Leemos con trabadas

Repasamos a lectura das sílabas trabadas.

Aprendemos as partes do reloxo e a medir a hora

Aquí un reloxo para aprender a saber ler as horas nun reloxo analóxico e nun reloxo dixital.

Aproveita a xogar coa seguinte aplicación.
Lembra que a agulla pequena marca as horas e a agulla grande os minutos.
Ás agullas tamén se lle chama SAETAS


Fichas imprimibles para traballar as matemáticas de ORIENTACIÓN ANDUJAR:

Traballar horas en punto. Preme aquí
Traballar a media hora. Preme aquí
Traballar os cuartos de hora. Preme aquí

Se esas actividades che parecen poucas, aquí deixamos un xenerador de horas para que poidas repasalas mellor. Preme aquí

Seguímonos divertindo co reloxo practicando a hora

Fai clic na imaxe para que che abra a aplicación unha fiestra nova:


Agora que xa sabes mirar a hora e hora de que a repases por última vez e coloques a hora nos reloxos analóxico e dixital

Presentación

Unha vez se introduciron certos contidos no blog é de especial relevancia destacar os seguintes puntos:
  1. Debido ao comezo tardío na creación e publicación do blog aínda hai poucos contidos que se poidan observar.
  2. Na parte superior do blog, xusto debaixo da imaxe do centro está dispoñible un panel coas principais novas do centro, necesidades, acordos.... que se vai actualizando pouco a pouco. Para calquera noticia relevante, picades cando a vexades pasar e abrirásevos.
  3. O calendario de actividades da vosa dereita servirá para ir engadindo actividades como excursións, días especiais e outras cuestións de especial importancia do 1º ciclo.
  4. Os scripts do tempo e calendario pretenden ser de utilidade sobre posibilidade de abrigar máis ou menos aos nenos/as aínda que se consideran superfluos pódense eliminar.
  5. En orientacións NEAE (Necesidades específicas de Apoio Educativo) tedes manuais sobre algún dos problemas máis habituais e orientacións importantes para cada tipo de necesidade.
  6. Os vídeos que aparecen á dereita, de Emilio Calatayud, son bastante interesantes para analizar a evolución da educación dos españois e pautas a ter en conta cos nenos/as.
  7. Os vídeos de máis abaixo son algúns vídeos educativos que irán mudándose co tempo.
  8. Para facilitar o acceso a outros blogs e información de importancia, existen uns enlaces aos diferentes blogs do centro, incluíndo o blog da ANPA para estar informados/as de cuestións de vital importancia referentes ao centro.
  9. Tedes no fondo de todo á dereita un arquivo do blogs para consultar as entradas por meses.
  10. Na parte esquerda, os menús aínda están a seren modificados e teñen problemas en moitos aspectos, polo tanto, en principio, ata febreiro non funcionarán.
  11. A ubicación do centro e cómo chegar tédela dispoñible, así coma os datos do centro para calquera cuestión que precisedess, non só enderezo senón tamén teléfono e fax.
  12. A sección de calendario está funcionando. Seleccionades calendario que precisedes e descargarávolo sen problema. Así mesmo tedes a guía do sistema educativo galego en diferente sidiomas que contén información relevante aínda que ás veces os links están a fallar.
  13. Se queredes comentar algún post, sobre qué vos parece, se votades algo en falta, se credes que é boa idea, os comentarios están habilitados/as para todos/as. Polo tanto, sería un bo xeito de interactuar.
Agardando que vos sexa de utilidade para calquera consultar ou comentario pulsade debaixo deste post ou do correspondente e deixade as vosas opinións.

martes, 11 de octubre de 2011

NOVOS CAMIÑOS DE APRENDIZAXE

O CEIP Xosé Fernández López, no seu empeño por seguir estando á última nos avances tecnolóxicos comeza a achegar os recursos aos pais e nais, profesores e profesoras e, por suposto, aos nosos nenos e nenas.

O noso lema de centro vai sempre encamiñado a conseguir QUE O MAÑÁ SEMPRE SEXA HOXE NO FERNÁNDEZ LÓPEZ

Aínda está en preparación, pero queremos que xa o empecedes a coñecer e a disfrutar.
Xogando tamén podemos aprender.

Benvidos aos Blogues do Centro.

Un saúdo dos profesores e profesoras do CEIP Xosé Fernández López