sábado, 17 de diciembre de 2011

Panxoliña especial

Din que hai moitos xeitos de facer as cousas e, por suposto, tamén moitos xeitos de felicitar o nadal pero sempre empregamos as imaxes en papel, presentacións gráficas ou cancións para cantar e escoitar.
Quixera sairme da norma incluindo unha panxoliña algo peculiar para aquelas persoas que non poden oír.
Os nen@s xa coñecen algunhas palabras -aqueles que prestaron atención polo menos- e así poden divertinse e aprender novos xeitos de felicitar estas festas.
É algo interesante para traballar a competencia fonética e a fonolóxica ademais, por estrano que poida parecer.

FELICES FESTAS!!!

Una niña muy especial

Dicen que hay niñ@s especiales pero realmente ¿quién nos enseña esas diferencias.
Aprovechando el trabajo con los sentidos, órganos del cuerpo humano, cuestiones de accesibilidad como rampas y ascensores en autobuses y que el día 3 de diciembre fue Día Mundial de las Minusvalías y se trabajaron en clase algunos vídeos, quería dedicaros uno muy especial.


BO NADAL

Desexámosvos que pasedes unhas moi boas festas de nadal.

viernes, 16 de diciembre de 2011

Como xiraban os planetas

Lémbrate como xiraban os planetas arredor do Sol.


Para velo en grande, preme aquí

Pequenos problemas

Traballando pequenos problemas


Para velo en grande, preme aquí

Repasamos os nosos ósos

Parece que comezamos a esquecer os nosos ósos, así que quí queda unha aplicación para que os sigades repasando nas vosas casas.


Para velo en grande, preme aquí

Seguimos repasando as horas para non esquecelas.

Continúa repasando a hora para non esquecela, premendo aquí

Practica os nomes e a orde dos planetas

Aquí poderás repasar os nomes dos planetas, a súa orde dentro do Sistema Solar e aprender outras curiosidades por xentileza de Intel.


Para velo en grande, preme aquí

Vídeo movementos da Terra

Cunha cabaza, unha pelota e unha lanterna, mesmo cun globo terráqueo se lle explicou aos nenos/as como tiñan lugar os días e as noites así como as estacións.
Lamentablemente, o interese non é demasiado elevado, así que coa axuda de Celestia -que seguro algún de vós coñecedes- montouse este vídeo explicando os movementos.
Así mesmo aportáronse datos anecdóticos de porque algúns anos tiñan 366 días (non se lle esixe pero pode servirlle para cursos posteriores)
NOTA: O círculo amarelo é onde incide o Sol e vaise vendo como ao ir avanzando no movemento de rotación a incidencia sobre España varía
.
Por cuestións de montaxe de canón, algúns vídeos móstranse no equipo que é onde se explican e algúns non mostra interese por visualizalo.

martes, 13 de diciembre de 2011

domingo, 11 de diciembre de 2011

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Aproveitando que esta semana traballamos os dereitos que nos otorga a Constitución Española e que onte, 10 de decembro, foi o Día Internacional dos Dereitos do neno, deixámosvos esta imaxe para despedir esta semana.
Agardamos que vos guste.

viernes, 9 de diciembre de 2011

Panxoliña

Pronto chegará o Nadal que moitos centros comerciais hai tempo están a festexar.
Por iso queremos ir amenizando o ambiente navideño cunha panxoliña creada por un grupo de nen@s de Murcia.
Agardamos que vos guste.

Álbumes do noso cole

Lémbrate de que ademais de poder ver os álbumes de fotos na barra lateral dereita do blog debaixo da cámara fotográfica, poderás ver un listado máis completo, así coma tódolos álbumes de fotos do centro na galería do cole.
Para acceder á mesma, preme enriba da seguinte imaxe ou accede a través da web do noso cole.

Postais de Nadal de tódolos 2º

Nesta TV poderás ver as fotografías das postais realizadas por tódolos nenos/as de 2º


Repasando as horas en 2º A

Hai unhas semanas que se penduraran varias actividades no blog para traballar as horas.
Aproveitando a semana peculiar que tivemos, quixemos repasar as sumas, restas, a lectura e as horas cunha desas actividades para refrescarnos a memoria.
Aquí poderás visualizar un breve vídeo.

Postais 2º A

Aquí podes ver as fotografías das postais relizadas polos alumnos/as de 2º A


martes, 6 de diciembre de 2011

A Constitución Española

Un resumo a modo de debuxos sobre a Constitución Española para que a coñezas un pouco máis e a repases nos vindeiros cursos.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Practicando a lectura nas nosas casas


Para traballar nunha fiestra máis grande, preme aquí.

Puzzles para traballar o Día da Constitución

Despois de repasar a importancia da Constitución Española, deixámosche uns puzzles para que sigas repasando os teus dereitos e deberes, así como a bandeira e o escudo de España.


Bandeira de España. Preme aquí
Escudo de España. Preme aquí
Comunidades Autónomas. Preme aquí
Comunidades Autónomas e bandeiras. Preme aquí
Dereitos 1. Preme aquí
Dereitos 2. Preme aquí
Dereitos 3. Preme aquí
Dereitos 4. Preme aquí
Dereitos 5. Preme aquí

Máis información sobre a Constitución Española

Aprendendo sobre a Constitución

Preme enriba da imaxe para acceder ao recurso.

Día das minusvalías

proveitando a conmemoración do Día da Discapacidade o sábado pasado e da saída en bus a Caixanova, explicóuselle que os autobuses cun icono dun home con bastón admite persoas invidentes ou "cegos" e aqueles que teñen debuxo dunha cadeira de rodas, teñen ascensor para subir ás persoas.
Pero ¿onde está a rampa ou ascensor?
Dependendo do fabricante, teñen un deseño ou outro pero amosóuselle vídeos para que viran como funcionaba.
Podes velos a continuación:

AÍ SE ESCONDÍA A RAMPA:

AÍ SE ESCONDE NOUTROS BUSES:

PERO, ¿POR ONDE ANDA O ASCENSOR?
Hai varios modelos. Un téñeno adiante e outro detrás. Como está escondido, cremos que non existe, pero nestes vídeos verás onde se agocha.

E... ¿NOS AUTOBUSES DE 2 PISOS?


OUTRO ASCENSOR