miércoles, 30 de noviembre de 2011

Pinocho y medio (Centro Social Caixanova)

Aquí podes ver algunha das fotografías tomadas durante a saída a Vigo para asistir á función teatral de Pinocho y medio.

martes, 29 de noviembre de 2011

Practica os artigos da Constitución Española

Pronto se aproxima o Día da Constitución Española.

Se queres ler algúns dos seus artigos, aquí che deixamos unha aplicación moi interesante.

Para acceder á información, preme aquí.

Para traballala e repasala deixámosche un xogo, ao que poderás acceder, premendo aquí.

sábado, 26 de noviembre de 2011

Practicando a lectura en galego

Para traballar a lectura en galego, aproveitouse o encerado dixital por ser máis ameno e interactivo a modo karaoke.
Velaquí tedes 3 vídeos breves.



jueves, 24 de noviembre de 2011

Excursión Centro Cultural Caixanova


O alumnado de 1º ciclo (tódolos primeiros e segundos) acudiremos a Vigo para ver unha obra de teatro no centro cultural Caixanova.

Tedes máis información na nota remitida ás vosas casas.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Repasa Ga, GUE, GUI, GO, GU


Para traballar nunha fiestra máis grande, preme aquí.

Repasamos BL e BR


Para velo noutra fiestra, preme aquí.

Practicamos o son dos instrumentos


Se te cres capaz de pechar os ollos e adiviñar o instrumento polo son, preme aquí

Actuación final en o Círculo Recreativo Cultural


O 22 de novembro, Santa Cecilia, os músicos celebran a súa festividade. Coincidindo con esta data, o noso Concello organizou en colaboración coa Escola Municipal de Música, un concerto didáctico.
A continuación podedes ver o final da actuación de onte en O Círculo de O Porriño.
O obxectivo era achegar aos nen@s o mundo da música.

Lecturas

Aquí vos queda un link onde podedes traballar diferentes lecturas en varios idiomas. Podedes traballar a velocidade lectora, o emprego do ordenador e ademáis en diferentes idiomas, entre eles, galego, castelán ou inglés.
Para acceder á páxina, preme enriba da imaxe ou aquí.

Canción xilófono

Onte tivo lugar unha saída ao Círculo de O Porriño para conmemorar o Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos e tivo lugar unha breve presentación de instrumentos.
O vídeo ten moi mala calidade pero deste xeito podédesvos facer unha idea do que alí se tocou.

Practicamos a suma vertical levando

lunes, 21 de noviembre de 2011

sábado, 19 de noviembre de 2011

Os meses do ano

Despois de ver que aos nenos/as lle custa saber tódolos meses do ano e que algúns fallan ou esquecen sempre algúns deles a pesar de que se traballou nas clases con materiais manipulables, cancións e mesmo este vídeo, pendúrase aquí para que os repasen na casa.
En 2º A gústoulles bastante o vídeo, así que déixo para que sigan repasando os meses na casa coa seguinte canción.

O aparato dixestivo

Esa parte do noso esqueleto chamada ósos intervén na dixestión xa que con eles mastigamos os alimentos.
Partindo deles continuamos a introdución e explicación do apartado dixestivo que veremos no seguinte tema de coñecemento.
Agardamos que che sirva de repaso por se non che quedou claro na clase a visualización e explicación dos vídeos.

Aprendemos a coidar os nosos dentes

pois de ver os ósos, continuamos vendo unha parte moi importante do noso esqueleto: os dentes, falando da importancia da súa hixiene e relacionandoo cunha actividade do libro:
Antes de comer lémbrate lavar as mans e despois de comer non esquezas lavar os dentes.
Diso tamén se fala no vídeo e vense as consecuencias de non cepillar os dentes ou facelo mal.



martes, 15 de noviembre de 2011

Guía de interpretación visual de accesibilidade

Un mapa dunha cidade no que se pode ver os principais obstáculos para persoas con problemas musculares ou nos seus sentidos como minusválidos, invidentes...

lunes, 14 de noviembre de 2011

domingo, 13 de noviembre de 2011

Un resumo das funcións do esqueleto

Un resumo moi breve da utilidade e as funcións do noso esqueleto.

Repasando por última vez os ósos do noso corpo

Aquí che queda a canción de Migallas traballada na aula para repasar os ósos do noso corpo.

Aquí che queda a letra para que practiques tamén a lectura da canción "O esqueleto".

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar.
O tronco podo mover
Se o ritmo me vai ben.

As extremidades para bailar
dar patadas e “patalexar”.
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora máis difícil, ¡ánimo rapaces!
Pa, pa,parapapa….

Aplaudindo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
úmero, úmero, cúbito e radio,
Carpo, metacarpo, dedos (bis).

E correndo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
fémur, rótula, tibia, peroné,
tarso, metatarso, dedas (bis)
Pa, pa, parapapa…

E no tronco ti vas ver
cántos ósos vas mover:
clavícula, costelas, omoplata,
esterno, pelve e cóccix (bis).

A columna vertebral
Non a podes mover mal.
Trinta, trinta, trinta e tres
Vértebras que debo ter (bis).

E agora imos mover
Todos os ósos á vez:
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora é máis fácil
¡ánimo rapaces!

Actividades hora. Preme no link do final para repasar.

Aquí quedan 2 fotografías feitas por un neno/a de 2º cando explicamos as horas.


Se queres repasar as horas na casa, aquí queda unha aplicación para que as traballes. Vai dende o máis sinxelo como é colocar os números ata o máis difícil.
está en castelán por ser a área na que ha de impartirse a materia.

NOTA: Para no colapsar músicas de fondo e non ter que editar o flash, dirixídevos ao enlace externo, premendo aquí.

sábado, 12 de noviembre de 2011

Postura correcta na aula

Aínda hai algún nen@ despistad@ que non sabe como sentarse ben.
Lémbrate da imaxe que temos na aula pero se non consigues facelo, aquí cha deixamos para que poidas repasala na túa casa.

O póster dos nosos órganos e aparato circulatorio

Aquí tes outro póster da nosa aula para repasar na túa casa:

O póster dos nosos ósos e músculos

Con esta imaxe poderás repasar os conceptos máis básicos:

Diferente escritura castelán-galego

Ás veces hai palabras que lle poden resultar confusas aos nen@s xa que son diferentes segundo cambiamos o idioma.
Aquí vos queda a lista das máis básicas que se lle mandara copiar hai uns días.

viernes, 11 de noviembre de 2011

11/11/11 Día do magosto


Hoxe día 11/11/11, número capicúo que tardaremos 100 anos en vivilo de novo deunos o tempo un respiro para poder asar as castañas e desfrutar do magosto.
Se queres ver algunha foto máis, preme aquí.

O interior do noso corpo

Aquí podes ver as maquetas coas que traballamos na clase o interior do noso corpo para posteriormente levalo á práctica na manualidade do corpo humano.

jueves, 10 de noviembre de 2011

Practicamos horas máis complexas

Repasa o que aprendiche aquí

Despois de aprender a coñecer as horas: horas en punto, media hora e cuartos de hora, é necesario aprender a contabilizar os minutos exactos nos que nos atopamos.
Sobre todo para aqueles que xa manexan ben as horas en punto, medias horas e os cuartos.
Para que che sexa máis fácil, desenvolveuse a seguinte aplicación.

Vídeo explicativo do sí

Dende que comezou o curso apareceu en numerosas ocasións Si (sen til) e (con til) así que aproveito mediante este vídeo realizar unha explicación da diferenza existente entre SI con til e SI sen til.
A explicación é anecdótica e máis que nada como curiosidade, xa que non é demasiado importante que coñezan a diferenza polo de agora.
O arquivo swf foi cedido para publicar no blog por Pedro Álamo.
Agardo que vos guste e lle quede máis claro aos nen@s.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Aplicacións para traballar a suma

Co obxectivo de seguir repasando as sumas e as restas nun medio diferente e algo máis ameno que o caderniño sen precisar lapis nin goma e comprobando o resultado ao momento, elabóranse as dúas seguintes aplicacións en flash para practicar as sumas e restas sinxelas na aula.

Seguimos repasando a suma:

En numerosas ocasións, os nenos/as teñen dificultades para realizar sumas e restas levando ao ter problemas para colocar as decenas.
Agardamos que coa presente aplicación de ANAYA se solventen este tipo de problemas e lles apeteza sumar máis e mellor.
Se queres practicar máis restas, adiante:

Seguimos repasando a resta:

Con esta nova aplicación flash, aproveitaremos para traballar a resta mentalmente, restándolle á UNIDADE maior a UNIDADE menor e despois á DECENA maior oa DECENA menor.
Anímate a intentalo.

domingo, 6 de noviembre de 2011

viernes, 4 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

O venres 11 de novembro celebraremos O MAGOSTO

A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas e o noso centro quere festexala como se merece (asando e comendo castañas todos xuntos).

Tede en conta que a palabra magosto designa tamén a propia fogueira na que se asan as castañas ou o conxunto de castañas que se asan e comen nesta ocasión.

Lembrade que cada nen@ traerá un puñado de castañas cortadas para asar e una bebida (que non teña envase de vidro).

Ademais, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que poida, traerá para face-lo lume: leña, carozos, paos, piñas,…

Unha cantiga típica do magosto é a de Non chas quero, non chas quero e aí tedes uns versos da mesma

Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero,
non chas quero,
que cheiran ao chamosco.

Deixámovos con dúas cancións relacionadas co magosto. Para velas e escoitalas, so tedes que picar no título da canción.

Non chas quero

Vivan las castañas

Érase una vez la vida. El oído. Parte 1

O sentido do oído tamén visualizado na aula mediante canón para coñecer un pouco máis este sentido, o encargado tamén do noso equilibrio. Tamén consta de 2 partes. Unha vez remate este vídeo visualiza o seguinte fragmento no post posterior.

Érase una vez la vida. El oído. Parte 2

Érase una vez la vida. La vista. Parte 1

Un capítulo sobre a vista que vimos na aula para traballar os sentidos. Esta é a 1ª parte. A segunda pódela ver no seguinte post.

Érase una vez la vida. La vista. Parte 2


martes, 1 de noviembre de 2011

Vídeo de habilidades sociais

Para rematar as 3 sesións, decidimos mover un pouco o esqueleto e nunca mellor dito ao estar con este tema.
Aquí vos queda un fragmento en baixa calidade de 2º A.