domingo, 13 de noviembre de 2011

Repasando por última vez os ósos do noso corpo

Aquí che queda a canción de Migallas traballada na aula para repasar os ósos do noso corpo.

Aquí che queda a letra para que practiques tamén a lectura da canción "O esqueleto".

Coa cabeza podo pensar
a canción que quero cantar.
O tronco podo mover
Se o ritmo me vai ben.

As extremidades para bailar
dar patadas e “patalexar”.
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora máis difícil, ¡ánimo rapaces!
Pa, pa,parapapa….

Aplaudindo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
úmero, úmero, cúbito e radio,
Carpo, metacarpo, dedos (bis).

E correndo ti vas ver
cántos ósos vas mover:
fémur, rótula, tibia, peroné,
tarso, metatarso, dedas (bis)
Pa, pa, parapapa…

E no tronco ti vas ver
cántos ósos vas mover:
clavícula, costelas, omoplata,
esterno, pelve e cóccix (bis).

A columna vertebral
Non a podes mover mal.
Trinta, trinta, trinta e tres
Vértebras que debo ter (bis).

E agora imos mover
Todos os ósos á vez:
Cabeza, tronco, extremidades,
Agora é máis fácil
¡ánimo rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario