Durante estas primeiras semanas do curso observamos que son moitos os alumn@s que teñen unha postura incorrecta do lapis o que repercute en moitas dificultades a nivel escrito e postural.
Por outra banda son moitos os beneficios dun bo agarre:
- Maior control dos trazos.
-Postura relaxada, cansanse menos e teñen menos tensión.
- Preven durezas nas mans e nos dedos.
-Control sobre a presión do lápis no papel.
Pensamos que aínda estamos a tempo de correxir as malas posturas, pero precisamos a vosa colaboración axudándolle a rectificar a postura cada vez que collen unha cor ou un lapis na casa e empregando un adaptador como o da foto de ser necesario. Grazas pola vosa implicación!